CORRELINGUA 2010

GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR






 Inscríbete AQUÍ no Correlingua 2010!

 















Queres ver os videos do Correlingua 2009?

VISITA O
BLOGUE DO CORRELINGUA



  O CORRELINGUA  CONTOU NA EDICIÓN 2009 COA PARTICIPACIÓN MÁIS ALTA DA SÚA HISTORIA: 45.000 RAPAZAS E RAPACES DE 500 CENTROS DE ENSINO.

Pódense ver os videos e as fotos no
BLOGUE do Correlingua 

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

 O Correlingua, que xa vai cara a súa décima edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica galega, A Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración dos concellos de Ourense e A Coruña, e as Deputacións Provinciais de Lugo e A Coruña, e co patrocinio de Galicia Calidade e o Xacobeo.

Nesta novena edición a aparticipación foi a máis alta de cantas se teñen realizado. 45.000 rapaces e rapazas de case 500 de todos os ciclos educativos correron pola lingua percorrendo as rúas de 14 vilas e cidades, mostrando as pancartas de elaboración e deseño propio, con diferentes contidos e motivos relacionados coa nosa lingua, disfraces, cantigas... Todos e todas disfrutaron a remate das carreiras das diferentes actuacións teatrais e musicais realizadas polos grupos Chévere, Fantoches Baj, Migallas, Hugo Torreiro, Chámalle Xis, así como das actuacións dos seus compañeiros que mostraron publicamente o traballo que realizan ao longo do ano pola normalización do uso da lingua de Galiza.
 
Agora comeza o Correlingua 2010!

 

 

De esquerda a dereita: 
Olga Patiño, Carlos Callón , Mercedes Rosón, Anxo Louzao, 
Marta Dacosta, Xoán Manuel Sande e Antón Bao, 
durante a presentación da edición 2009 do Correlingua.
    

 

Últimas actualizacións:

Visite o último gañador/a do himno 21/06/2006 Visite o último gañador/a do manifesto 10/09/2009 Visite o último gañador/a da banda 10/09/2009 Consulta o calendario de A Barbanza 29/09/2008 Consulta as últimas actualizacións do taboleiro 29/01/2007 Consulta as últimas actualizacións das ferramentas 25/05/2009