Inicio > Bases


BASES




BASES PARA O CONCURSO DE ELABORACIÓN DO MANIFESTO

descárgaas
aquí en pdf

  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas de Educación Secundaria Secundaria e Postobrigatoria menores de 20 anos, de calquera centro de Galiza.

  1. A participación no concurso será EN GRUPO e o premio será para todo o grupo, preferibelmente unha aula completa.

    3. O manifesto deberá estar de acordo cos OBXECTIVOS xenéricos do Correlingua, que son:

  • Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.

  • Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua.

  • Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

Ademais deberá terse en conta o lema desta convocatoria.

4. A extensión do manifesto será dun máximo de 500 palabras deberá desenvolver total ou parcialmente a idea do lema do ano 2009.

5. Os centros deberán formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do día  15 de decembro de 2009. Nesa inscrición farase constar o número de persoas que compón o grupo e tamén a etapa educativa. O texto do manifesto deberá ser enviado antes do 1 de febreiro de 2010 por correo ordinario a:

 

CORRELINGUA

ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA

Avda de Lugo 2A entrechán A

15705, Santiago de Compostela



 Tamén se enviará o texto en disquete e nun formato compatíbel cos procesadores de texto máis estendidos (DOC, RTF, etc). O envío farase con pseudónimo. Dentro do mesmo sobre incluirase outro en que consten os seguinte dados dos participantes:

- Nome de todos os compoñentes do grupo

- centro escolar a que pertencen e

- teléfonos de contacto.

6.- O xurado estará composto por cinco persoas propostas pola Comisión Organizadora. Os membros do xurado non poderán ter relación cos centros escolares participantes. A decisión do xurado será inapelábel.

7. O premio para o grupo gañador consistirá nunha viaxe.

8. Os traballos que non resulten premiados poderán ser publicados na páxina web do Correlingua.

9.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.

10. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.



 

BASES PARA O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

descárgaas aquí en pdf



1. Poden participar todos os alumnos e alumnas de E. Infantil e Primaria de calquera centro de Galiza.

2. A participación no concurso será EN GRUPO e o premio será para todo o grupo, preferíbelmente a aula completa. Cada grupo deberá repartirse as diferentes tarefas para a elaboración da banda deseñada (elaboración do argumento e guión, deseño das personaxes, realización gráfica, cor, etc…).

3. A Banda Deseñada debe ter un tema que estea de acordo cos OBXECTIVOS xenéricos do Correlingua, que son:

a. Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.

b. Sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa da lingua.

c. Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

Ademais deberá terse en conta o lema desta convocatoria.

4. O formato da banda deseñada será o seguinte:

I. EXTENSIÓN: de 1 a 4 páxinas, tamaño A4 ou proporcional.

II. TÉCNICA: libre, sobre papel de debuxo (non folios), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reproducción e impresión.

 O envío farase con pseudónimo. Dentro do mesmo sobre incluirase outro en que consten os seguinte dados dos participantes:

- Nome de todos os compoñentes do grupo,

- centro escolar a que pertencen e

- teléfonos de contacto.

 5. Os centros deberán formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a correlingua@correlingua.org  antes do día 15 de decembro de 2009. Nesa inscrición farase constar o número de persoas que compón o grupo e tamén a etapa educativa. O texto do manifesto deberá ser enviado antes do 1 de febreiro de 2010 por correo ordinario a:

CORRELINGUA

 ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA

Avda de Lugo 2A entrechán A

15705, Santiago de Compostela

 6. O xurado estará composto por cinco persoas propostas pola Comisión Organizadora. Os membros do xurado non poderán ter relación cos centros escolares participantes. Colabora nesta actividade a Asociación Cultural BD Banda. A decisión do xurado será inapelábel.

7. O premio para o grupo gañador consistirá nunha viaxe.

8. Os traballos que non resulten premiados poderán ser publicados na páxina web do Correlingua.

9.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reproducción á organización do Correlingua.